Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Como comezar? Como comezar despois de dicir que quizais chegou o momento de calar?
Comézase polo lugar.
Se o lugar é caminable, se favorece o tránsito, chegará un momento en que o camiñante deambule, detéñase, despístese e con sorte extravíese e chegue onde non previra. Este traballo é parte dun percorrido profesional compartido que comeza en 2009 e inclúe traballos de dirección de Ana para a compañía de Nuria, Furia Sotelo, e traballos de Nuria como intérprete para a compañía de Ana, Matarile, así como colaboracións compartindo escena para Festivais tales como Festival de Poesía Respira e para o Festival Escenas do Cambio.
Duración 50min
Formato Este espectáculo conta con dúas versións, unha para espazos non convencionais con requerimentos técnicos mínimos e unha versión adaptada a teatros.
Estrea en Espazos non convencionais 28 de xuño de 2024 Sala de exposicións Auditorio Municipal de Cangas / MITCF
Estrea en Teatros 17 de outubro de 2024 Teatro Principal de Ourense / FITO
“Unha proposta íntima, plástica, para ver sen présas e deterse nos detalles de cada movemento e acción, en cada coreografía da luz”
ANA ABAD DE LARRIVA MITCFC
“Esta proposta convida a perderse na contemplación do espazo e do que vai máis alá do espazo: aquel lugar que, nas sombras, favorece o extravío dos camiños coñecidos.”
Iván Fernández Revista Galega de Teatro
“Nuria Sotelo e Ana Vallés crearon un espazo de beleza e reflexión delicado e moi equilibrado, nunha poética (xeito e estilo de facer escénicos) que vén de lonxe. Toda a peza é un goce contemplativo que estimula o noso pensamento.”
Afonso Becerra
Dirección e creación: Ana Vallés Intérprete: Nuria Sotelo Coreografía, textos e espazo escénico: Ana Vallés e Nuria Sotelo Asistente de coreografía: Alejandra Balboa Deseño de iluminación: Laura Iturralde Espazo sonoro: Ana Vallés Produción musical: Mounqup Fotografía e vídeo: Rubén Vilanova Deseño gráfico: A&B comunicación
Produce: Furia Sotelo Coproduce: A Casa Vella Colaboran: L’Animal a l’esquena, AC/E, Residencias Paraíso | RPM